10:00
RFG · O GATO CON BOTAS

RFG · O GATO CON BOTAS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

TÍTERES PERPOC

Santiago Arnal e Anna Fernández, dirección artística e escénica

Alexandra Semenova, debuxos

(Música)

SALA ÁNGEL BRAGE. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: Infantil e primaria

Duración: 50 min

Lingua: Galego

O Gato con Botas ou Maese Gato é un conto popular europeo compilado en 1695 por Charles Perrault. Conta a historia dun gato que grazas á súa astucia consegue a fortuna e a man dunha princesa para o seu amo, totalmente pobre. Dende a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito. Per Poc recrea as personaxes e a escenografía cos debuxos da artista rusa Alexandra Semenova, que nos remiten coa súa estética á época do Rei Sol. A música proposta para este espectáculo é o repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII que será, tamén, protagonista.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-o-gato-con-botas
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android