20:30
LEILÍA · ANQUE ME VOU, NON ME VOU

LEILÍA · ANQUE ME VOU, NON ME VOU

Neste espectáculo Leilía mestura temas novos, do último traballo discográfico Vidas Cantadas, con vellas sonoridades. A combinación de tempos e sons está facendo agromar sentimentos de alegría, sorpresa, celebración, nostalxia..., dos que esperan o público se contaxie.

“Certo é que marchamos e dicimos adeus a palcos, teatros, festivais e tamén a probas de son, estudos de gravación, ensaios..., pero aínda que todo isto quede atrás, Leilía xa forma parte do imaxinario colectivo deste país e cada vez que alguén escolla un dos nosos temas nun pub ou no seu fogar..., cada vez que un pai lle poña á súa filla un vídeo para aprender unha canción, que un corredor nos leve na súa lista de reprodución, ou que un adolescente coa súa mestra practiquen un toque téndonos de referencia..., Leilía seguirá alentando e ese alento fará máis doada a nosa despedida, porque lle dará sentido ao noso labor. Un labor que cunha mestura de orgullo e mágoa se despide da escena, pero que segue vivo no día a día desta sociedade grazas ás persoas que o valoran”

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/leil%C3%ADa-%C2%B7-anque-me-vou-non-me-vou
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android