01:00
Observación do ceo nocturno con telescopio

Observación do ceo nocturno con telescopio

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Observación realizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela.

A actividade comeza ás 20h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, faise a observación dos astros a través do telescopio no exterior da biblioteca, cunha duración aproximada dunha hora.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador do andar baixo da biblioteca o mesmo día a partir das 18h.

O número máximo de participantes é de 20.

* Se as condicións meteorolóxicas non acompañan esa xornada trasladarase a observación a outro día.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android