17:00 hasta las 19:00
Ourense - A Caixa Azul - 3/3

Ourense - A Caixa Azul - 3/3

Seguimos este ano cunha actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ourense ca primeira sesión dun obradoiro a cargo de Pilar Rey Suárez sobre:

A CAIXA AZUL. 3/3

A Caixa Azul é un proxecto creado con todo o que aprendín despois de anos acompañando a persoas en procesos de dó. Enseñáronme o importante que é liberar a quen mais queremos de tomar decisións xusto no momento que non teñen a cabeza para pensar.

Todos, cando mercamos un coche, facémoslle un seguro antes de sair do concesionario e, sin embargo, non o sacamos de alí pensando que imos ter un accidente. Chámame a atención, que está cultura de prevención, ten mais cuberto ó noso coche que a nós e á nosa familia. Hai cousas que temos que deixar arranxadas, saber, sabémolo, pero non nos poñemos a elo. E do mismo xeito que facerlle un seguro ó coche non provoca un accidente, facer un testamento vital non vai adiantar a morte. Xúrocho!

Sabes de alguén que che saiba asesorar ben de estos temas tan importantes?

Si a resposta é NON, apúntate a este obradoiro para resolver todas as dúbidas, para aclarar o que é importante deixar amañado e, unha vez que teñas claro o que precisas para poder vivir con tranquilidade, faino xa!! Sacao de diante!… e xa verás como che queda o corpo despois!!

PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en perdas, dó e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Master en Couseling de dó e perdas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

DATA: 02/07/24
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. Ourense

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android