11:00
Festa do Magosto

Festa do Magosto

Festa de Interese Turístico

“Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”, di o refrán. E en Ourense ségueno estritamente. Na súa orixe, o magosto era unha festa arredor do lume e as castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. O lume nas frías noites de primeiros de novembro convidaba a compartir contos e lendas antigas. A noite é tamén o escenario dos magostos das cuadrillas, que facían lume ao ar libre e entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo, cancións e contos continuaban unha tradición cuxos elementos, incluída a queimada final, son símbolos de vida e purificadores.

O carácter diferencial e o arraigo do magosto de Ourense, que ten lugar co gallo da festividade de San Martiño de Tours (padroeiro da cidade) converteuno en 2008 en festa de interese turístico de Galicia. O crepitar das castañas soa en toda a cidade, xa que a festa, popular e espontánea, é celebrada en distintos barrios, no parque da Alameda e nos montes que a arrodean.

Fuente: https://www.cultura.gal/gl/evento/83691/549/100460
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android