Comezamos esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Ourense ca primeira sesión, dun total de tres, a cargo de ASEIA, que leva por título:
A SAÚDE EMOCIONAL DURANTE A ADOLESCENCIA
Neste obradoiro buscarase en todo momento a xeración dun diálogo onde se poida, partindo de material formativo, conxugar o experiencial coa información de carácter científico-profesional. Os temas a tratar serán:
- ¿Qué é a adolescencia?
- ¿Qué hai de novo nas adolescencias actuáis?
- Actualidade da Saúde Mental na Adolescencia
- Dinámicas familiares de prevención
A cargo de: ASEIA
Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia, asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias. http://www.aseiagalicia.org/DATA: 03/09/24
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro Cívico A Ponte. Rúa Eulogio Gómez Franqueira nº 43. OurenseComa sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 1º martes de cada mes estaremos en Ourense
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar