11:30 hasta las 19:30
Sábado 21 - OURENSE - Estratexias para a xestión da frustración - LegoSerious Play

Sábado 21 - OURENSE - Estratexias para a xestión da frustración - LegoSerious Play

Temos o pracer de presentarvos outra actividade de sábado do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras" que terá lugar no Centro Cívico de A Ponte en Ourense o vindeiro sábado 19 de setembro co título:

EXTRATEXIAS PARA A XESTIÓN DA FRUSTRACIÓN: FORTALECEMENTO DA CONEXIÓN ENTRE AS NAIS, OS PAIS E XS FILLXS
LegoSerious Play
Nesta ocasión é imprescindible apuntarse neste cuestionario antes do 24 de abril:
https://forms.gle/CExRa6tdcrtbPJS88

A cargo de, CARMEN DE LA SIERRA
Facilitadora de aprendizaxe, centrada principalmente na saúde e no benestar organizacional. Facilitadora de LegoSerious Play e coordinadora do Club de facilitación de LSP. Mediadora en resolución de conflitos e en formación de Comunicación Non Violenta (CNV). Colaboro como mentora no programa de desenvolvemento de alto potencial de BisBlick Talento Joven de Arxentina.
Nai adoptiva e socia de MANAIA
e ALICIA JOVER
Os máis de 25 anos de experiencia en diferentes ámbitos foron unha oportunidade para aprender e crecer tanto de forma profesional como persoal.
Creo firmemente no autocoñecemento, entender quen somos, cales son as nosas fortalezas e áreas de mellora, é fundamental para alcanzar o noso máximo potencial. Este autocoñecemento axudoume a comprender mellor as miñas habilidades, e permitiume identificar como podo utilizalas para axudar aos demais.
Colaboro con equipos, fomentando un ambiente que valore a reflexión e a autoexploración. Utilizo ferramentas e técnicas que motivan ás persoas para identificar as súas fortalezas, desafíos e metas, todo dentro dun marco de confianza, respecto e transparencia. Este proceso é o primeiro paso cara ao crecemento e o éxito duradeiro.
Son facilitadora de LSP e fundadora e coordinadora do Club de LSP

O obxectivo deste obradoiro é proporcionar ás familias ferramentas prácticas e estratexias eficaces para xestionar a frustración que xurde nas situacións cotiás. Estas situacións poden causar descontento tanto nos pais, nais, como nxs fillxs. Mediante actividades interactivas, reflexión grupal e dinámicas buscamos:
· Identificar fontes comúns de frustración nas dinámicas familiares. �
· Desenvolver habilidades comunicativas que faciliten a expresión de emocións e �necesidades dun xeito construtivo (Comunicación Non Violenta). �
· Aprender técnicas de regulación emocional para xestionar o estrés e a frustración, �promovendo un ambiente familiar máis harmonioso. �
· Promover a empatía e o entendemento mutuo entre adultos e nenxs ou rapazada, �mellorando así a relación e o vínculo na familia. �
· Crear un espazo de apoio e solidariedade entre xs participantes, compartindo �experiencias e estratexias que resultaron eficaces nas súas propias familias.

�É un obradoiro que se vai desenvolver coa metodoloxía Lego® Serious Play®. �Lego® Serious Play® é unha metodoloxía innovadora que utiliza pezas LEGO® para facilitar o pensamento, a comunicación e a resolución de problemas. Baséase na crenza de que as persoas poden expresar máis e comprender mellor as súas ideas cando as constrúen fisicamente. Esta técnica fomenta a participación activa e a colaboración, permitindo que todos xs participantes contribuan e sexan escoitados por igual. Usando Lego® Serious Play®, podes explorar conceptos complexos e descubrir solucións creativas dun xeito lúdico e estruturado. �Non se precisa experiencia previa con Lego® Serious Play®, nin en construcións con LEGO®

OBRADOIRO 1: Estratexias para a xestión da frustración
11:30 a 14:00

XANTAR/PICNIC
14:00 a 16:30 Sala 7
Ao remate da 1ª parte, como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO 2: Estratexias para a xestión da frustración
16:30 a 19:30

LUDOTECA
De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30
Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.es confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividade de balde aberta, na súa primeira parte, a todas as familias adoptivas ou acolledoras, en espera de adopción ou acollemento e as persoas interesadas, sexan ou non socias de MANAIA. As persoas non socias poderán participar da 2ª parte se consiguen ser convidadas por unha familia socia

ESPERÁMOSVOS!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Máis información en http://www.manaia.gal/ - https://www.facebook.com/adopcionmanaia - manaia@manaia.gal - 688 927 124

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android