10:00 hasta las 20:00
DESENTERRANDO VITRINAS

DESENTERRANDO VITRINAS

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
O Museo das Peregrinacions e de Santiago acolleu este ano as Xornadas Europeas de Arqueoloxía 2024. Con tal motivo o museo preparou unha nova mostra virtual: «Desenterrando vitrinas. Ruta arqueolóxica polo Museo das Peregrinacións e de Santiago».

Esta mostra nace co obxectivo de resaltar o patrimonio arqueolóxico exposto no Museo das Peregrinacións e de Santiago que en ocasións, pola súa modesta natureza, pode pasar desapercibido. Con este itinerario poderás gozar dunha importante selección de fondos accesibles ao público na sede expositiva de Praterías.

A exposición virtual segue o discurso expositivo marcado polo museo, pero nesta ocasión, facendo especial fincapé nos contextos culturais das diversas etapas históricas galegas e das expresións culturais derivadas delas. O percorrido comeza na planta baixa do museo, continuando progresivamente ata chegar ao segundo andar.

DESENTERRANDO VITRINAS
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android