16:00 hasta las 20:00
Curso intensivo de pintura mural | XTÍ

Curso intensivo de pintura mural | XTÍ

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A iniciativa ‘+Xtí’, impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas, conta na súa programación de xullo cun curso intensivo de pintura mural.

Esta actividade, que será de balde, dará comezo o vindeiro 10 de xullo e desenvolverase os días 11, 17, 18, 24, 25 e 31, de as 16.00 a 20.00 horas. A formación, dirixida á veciñanza entre 14 e 35 anos, consistirá nun taller para que a mocidade interesada  aprendan e sexa partícipes do propio proxecto, guiada por un especialista na materia que impartirá coñecementos e formación básica. O seguinte paso será a súa participación na mellora de espazos deteriorados ou abandonados.

A través do proxecto traballarase en dous puntos: un deles será o muro existente detrás das canastras da Praza Viana do Castelo e o outro o muro da fachada frontal da Casa Clara Campoamor. A mocidade interesada pode inscribirse dende xa a través do correo trecetrazos@gmail.com e o teléfono 677 877 451.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android