Inauguración da exposición de Albino Fernández no Museo Provincial de Lugo
Xoves, 18 de xullo ás 19 horas
Albino Fernández naceu en Cuba, fillo de galegos da provincia de Lugo que aos oito anos, en 1929, o trouxeron de volta a Galicia, en concreto para a aldea paterna de San Pedro de Viana (Chantada). A seguir, os pais emigrarán á Arxentina para despois, en 1932, facer chegar o meniño Albino a Buenos Aires, reuníndose coa familia. A exposición que podemos ver no Museo Provincial de Lugo está producida polo Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira e conta coa colaboración do Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo. O proxecto está comisariado por Xoán Pastor Rodríguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catálogo. A exposición conta cun vídeo producido para a súa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar