EXPOSICIÓN | Pelúdez nos fondos arquivísticos do MPL O Museo Provincial de Lugo repasa a evolución de Pelúdez, personaxe ficticio do San Froilán, a través de fondos do arquivo de Trapero Pardo. A exposición, que estará aberta ao público coincidindo coas datas do San Froilán, preséntase como unha oportunidade única para descubrir a historia e as vicisitudes deste singular persoeiro. A mostra, organizada a través dos fondos do Arquivo do Museo Provincial de Lugo (MPL), conta cunha importante selección de documentación procedente do arquivo persoal do finado xornalista José Trapero Pardo, cuxa colección se conserva nesta institución dende os anos 90. Do 24 de setembro ao 27 de outubro. Localización: Museo Provincial de Lugo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar