19:00
Conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”

Conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”

Conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”

O xoves 24 de outubro terá lugar no Museo Provincial de Lugo, ás 19:00h, a conferencia “A maxestade do Averno. O selo do Romanticismo Negro na arte galega e da Europa”, impartida pola historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez. Esta actividade celébrase ao abeiro dos festexos de Samaín, co propósito de explorar a mitoloxía galega e a cultura popular.

A historia do horror cultural galego está unido ás súas orixes na mitoloxía galega e na cultura popular. Isto foi recollido en publicacións como as históricas de Manuel Murguía e estudos etnográficos como os de Vicente Risco. Pero a beleza do seu espírito gótico inspirou igualmente a artistas. Risco como esteta, Camilo Díaz Baliño, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Francisco Asorey, Luís Seoane ou Urbano Lugrís foron quen de darlle unha imaxe, unha linguaxe visual inédita. Non por falta de precedentes artísticos isto implicou que non fora recoñecible. Ao contrario. Todos eles crearon visións que ao mesmo tempo falaban do pouso histórico da sociedade na cal se inspiraron e, ao mesmo tempo, estaban a pulso co máis novo.

É así como Risco recreou en 1919 a Danza Macabra anos antes de que Bergman o fixera en O Séptimo selo (1957). Como Díaz Baliño se retratou a si mesmo en 1922 como Nosferatu ao mesmo tempo que Murnau lanzou o filme do mesmo nome en Berlín. Como Castelao adiantou unha iconografía en Un Ollo de Vidro (1922) antes que aparecera nun dos momentos máis formidables de Brancaneves (1937). As décadas dos anos 20 e 30 proxectaron o enigmático, o sobrenatural, o horror e as súas contrapartidas e os artistas galegos responderon cunha orixinalidade xenuína. Este inicio de camiño proseguiu en anos seguintes, continuando ata hoxe mantendo a súa presenza abraiante.

Iria-Friné Rivera Vázquez é historiadora da Arte, membro do padroado da Fundación Luís Seoane (A Coruña) e da Fundación Vicente Risco (Allariz). É a autora dos libros A orixinalidade radica nas orixes. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco (2020) e O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño Unha biografía artística (2021). Conta dende 2013 ata hoxe con colaboracións en Grial – Revista Galega de Cultura, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Abrente – Revista da Real Academia Galega de Belas Artes, Mazarelos – Revista de Historia e Cultura, Deputación de Ourense, Murguía – Revista Galega da Historia, Art Style. Art & Culture International Magazine, Anuario Brigantino, Luzes, Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide, Abrente – Revista da Casa de Galicia (Valladolid), Historia de Galicia, Galicia Confidencial, Nós Diario, Portal Galego da Lingua, Praza Pública e Mazarelos.

Deu conferencias no Consello da Cultura Galega, o Museo de Pontevedra, a Real Academia Galega de Belas Artes, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Igrexa de Ortigueira, a Biblioteca Xeración Nós (Ourense), o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, a Facultade de Filoloxía da Coruña, a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso, a Fundación Vicente Risco, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Casa do Povo de Pitões das Júnias (Montealegre, Vila Real) e participou, entre outros documentais, en 100 anos de Nós de Aser Álvarez e Quen somos Nós? dirixido por Simón Casal de Miguel. Foi parte encargada do espazo dedicado a Camilo Díaz Baliño na exposición As miradas de Isaac (2020-2021) no Gaiás – Cidade da Cultura
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android