18:00
“Bombea” de La Pulpa | O QUE QUEDA DE VERÁN 2024

“Bombea” de La Pulpa | O QUE QUEDA DE VERÁN 2024

“Bombea” de La Pulpa | O QUE QUEDA DE VERÁN 2024

22 de agosto. 18.00h. Praza Anxo Fernández Gómez. “Bombea” de La Pulpa.

"O importante non é o camiño, senón con quen pelas as patacas", di o Presidente Vistaro nesta conferencia cómica chamada "¡Bombea!". A súa compañeira Esperanza, unha encantadora e xigantesca égua troyana, sorpréndenos coa súa cola de catapulta, os seus efectos de chispas e ata cunha cociña portátil! O resultado final é a comunión co espectador cocendo xuntas unha tortilla de pataca, xa que "seamos ovos ou sexamos patacas, unámonos e fagamos algo marabilloso". Torpeza, risa e dozura neste xogo entre lumes emocionais que nos anima ao optimismo e a mantermos unidos ante as adversidades. É un espectáculo de Clown para público familiar, cunha estética elegante, tola e divertida. Fala de como nos relacionamos entre as persoas e a necesidade de coidar estes vínculos. Consigue transmitir isto e facer participar a todo o mundo nunha viaxe interxeracional cun final sorprendente.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android