Un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas. Durante o camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai. Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña. E quen sabe, quizáis apareza neste conto un lobo que quera comer a Carapuchiña… Como rematará esta historia?.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar