10:00
(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe

(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe

(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe é un proxecto expositivo colectivo no que unha escolma de artistas multidisciplinares dialoga co patrimonio etnográfico que configuran os fondos da colección do Museo Liste— Etnográfico de Vigo desde diversas técnicas, disciplinas e perspectivas. Un diálogo arredor da nosa cultura material e simbólica dende unha ollada contemporánea. Participan ao longo do ano: Diego del Río, Loreto Arnaz, Berta Pan, María Gar, Aida López, Abraham Alonso, Thomas Apostolou e Chiño Eirín.

Dende abril a novembro: un mes, un artista, un proxecto. Cada mes, un artista fará a montaxe final da súa obra en público e, sobre todo, disertará sobre aspectos do seu proceso creativo dende o momento en que descubre o museo ata a idea xeradora da obra nun diálogo entre antigüidade e modernidade.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=88895
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android