20:00
Se pechas os ollos

Se pechas os ollos

Se pechas os ollos é un proxecto teatral que xorde das mentes das integrantes da Cía Trémola Teatro, partindo do texto da dramaturga Carmen Abizanda. Este é o primeiro proxecto da Cía, que aposta polo teatro como ferramenta de inclusión social.

Con esta peza, amosan a esencia da violencia de xénero a través do teatro, da danza, do teatro xestual, da música. Se pechas os ollos é a mestura de dúas realidades: a través da historia de Jimena, unha personaxe ficticia que sofre violencia de xénero, e que serve como nexo de unión. As dúas actrices mostran a súa realidade e a da sociedade na que viven.

Se pechas os ollos é a historia de como un amor de xuventude pode cambiarche a vida facendo que termines por nin recoñecerte no espello.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android