19:00
... É meu amigo

... É meu amigo

Con calma, tempo e moito probar e desbotar, xurde este novo espectáculo de escoita cas orellas e cas mans, que nos fala sobre a fraxilidade humana, pero tamén sobre a sua maior fortaleza…a amizade.

Martiño é un rapaz introvertido nun mundo demasiado exposto. Pero aínda que lle abonde un recunchiño de parque para xogar, no seu maxín collen mil mundos, mil aventuras, mil personaxes... Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá adentrarse con el nunha aventura que case sen darse conta remate no máis alto do Everest.

Unha historia en lingua de signos e lingua oral sobre a amizade, a comunicación, os medos e a xestión emocional apta para todos os públicos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android