21:30
David Regueiro Trío

David Regueiro Trío

David Regueiro, con máis dunha decena de discos, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse como un dos guitarristas de Gypsy Jazz máis prominentes da Península Ibérica.

En marzo de 2020, David Regueiro Trio presenta o seu novo traballo Arenal, que contén 9 composicións orixinais. Este álbum está enraizado na música de Django Reinhardt e o gypsy jazz como punto de partida, aínda que podemos atopar outras influencias como o mainstream jazz, o be-bop ou a música clásica. O trío achega unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición á vez que fresca e innovadora.

David Regueiro: guitarra solista
Iago Reigosa: guitarra rítmica
Juyma Estévez: contrabaixo
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android