20:00
NINJA

NINJA

Tori é unha nena do rural que vai á escola. Encántanlle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu jitsu, as pelis de Bruce Lee, Jackie Chan... e soña con ser Ninja!! Adestra tódolos días para pasar inadvertida e observar aos demais como unha autentica Ninja... Grazas a esa condición, descobre que no cole hai nenos e nenas que tamén queren pasar inadvertidos, pero non para ser Ninjas, se non, para que outros nenos e nenas non abusen deles. Con axuda do señor Edelmiro, un velliño ao que Tori acode a buscar consello, conseguirán que os nenos inadvertidos se fagan visíbeis e cambien as tornas na escola.

Ninja é unha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar. A través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade farase fincapé no máis importante para resolver un problema: visualizalo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android