20:30
Alma de Tigre

Alma de Tigre

Alma de Tigre é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e os conflictos familiares dan corpo á nova creación orixinal de Elefante Elegante.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalas marchar.

A través da danza, do teatro físico e do movemento dos elementos da escenografía, que pouco a pouco gañan vida, vanse revelando tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.

O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas, agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android