19:00
A trompa non só é cousa de elefantes

A trompa non só é cousa de elefantes

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android