17:00
Avós

Avós

Os Ratos de Lonxedetodo volven á Biblioteca Rego da Balsa coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, para falarnos dos nosos maiores na última función que ofrecerán este curso. O ciclo da vida e o respeto debido ás persoas maiores son os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére cóntanos como axudou a súa avóa, hai moitos, moitos anos, cando ela era pequena e a súa avóa aínda vivía, a plantar unha maceira. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avóa. Contarános contos que ela lle contou e poñerános a música que a ela lle gustaba.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android