18:00 hasta las 19:00
XVI Semana do Libro: As palabras perdidas de Inventi Teatro

XVI Semana do Libro: As palabras perdidas de Inventi Teatro

Comezamos unha nova edición da Semana do Libro, unha semana chea de Libros para Soñar! De luns a venres teremos actividades infantís ás 18.00 h, e ademais poderedes desfrutar da exposición anual elaborada polo alumnado das escolas do concello. Non perdades nin unha soa cita.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados de moi lonxe. A Condesa, unha recoñecida narradora de fama internacional, prepárase para narrar o seu conto favorito pero, cando abre o libro, dáse conta de que o seu relato está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, palabras como "ganapán", "vagalume" ou "verme". As palabras fuxiron da historia, borradas pola falta de uso, só volvéndoos a usar volverán á historia.

PÚBLICO Actividade dirixida a nenas e nenos de 4 a 8 anos.

INSCRICIÓNS Capacidade limitada, con inscrición TELEFÓNICA previa, desde as 10 da mañá, no 981 75 85 80.

ACCESO Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión ás persoas que cheguen unha vez comezados os eventos. Actividade ofrecida en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica de Galicia. Agardámosvos!

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android