18:00 hasta las 19:00
Os ratos de Lonxedetodo presentan: Petits oiseaux, contacontos en galego - francés

Os ratos de Lonxedetodo presentan: Petits oiseaux, contacontos en galego - francés

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Os ratos de Lonxedetodo teñen un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Esperan que dese ovo enorme que nos amosan, naza un paxariño. E fan tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible. O conto de Turelí Tureló é un conto poético moi sinxelo que se desenvólve en nove capítulos ou escenas. O seu texto lembra ás cantarelas dos xogos infantís. INDICACIÓNS DE ACCESO: Actividade indicada para nenas e nenos de 4 a 8 anos, con máximo dun adulto acompañante por grupo. Aforo limitado, con inscrición telefónica previa, no 981 75 85 80. Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar o espazo no que se desenvolverá a actividade. Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android