20:30
Proxección do documental “Alegría'”

Proxección do documental “Alegría"”

Dentro das actividades promovidas pola Deputación da Coruña con motivo do 20º aniversario da catástrofe do "Prestige", o xoves asistiremos á proxección de "Alegría", unha película de Ecoloxistas en Acción e Urco Producións, dirixida por Luis Otero, que lembra ao voluntariado, os mariñeiros e a veciñanza que loitou contra o chapapote.

No argumento, unha moza chamada Nerea, un personaxe real interpretado pola actriz pontevedresa Rocío Romero, que fora voluntaria limpando as costas, traballa nun documental sobre a traxedia, coa perspectiva do paso dos anos. Visita lugares e contacta coas persoas que participaron na loita por recuperar as costas e a súa forma de vida. A peza mestura documental ficticio con imaxes de arquivo e testemuños.

Despois da proxección abrirase unha quenda de intervencións para que o público poida compartir as súas lembranzas, experiencias e opinións sobre a catástrofe.

Entrada libre ata completar capacidade

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android