20:30
Presentación de 'Somos un pobo de artisitas: O método Luísa Villalta', de Xurxo Souto

Presentación de "Somos un pobo de artisitas: O método Luísa Villalta", de Xurxo Souto

O vindeiro 28 de febreiro ás 20:30 recibiremos no Museo de Bergantiños ao escritor, músico, e locutor coruñés Xurxo Souto.

Esta visita versará sobre o seu último libro, "Somos un pobo de artistas: O método Luísa Villalta", no que homenaxea á figura do Día das Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta.

SINOPSE DO LIBRO: En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.

Acceso libre e de balde ata completar capacidade.

Presentación organizada por Bibliotecas de Carballo.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android