A bordo dun coche de liña sucede unha viaxe onírica. Os viaxeiros dormen e as maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia. É a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, e que volve rebelarse de novo. As súas armas son o humor e espírito de Entroido. A través dunha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente, grazas a anacos das obras de Manuel María, a compañía dirixida por Quico Cadaval gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María.
Intérpretes: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez. Escenografía e vestiario: Carlos Alonso. Espazo sonoro: Piti Sanz. Atrezzo: Kukas Producións Artísticas Iluminación: Octavio Mas. Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios
Duración: 70 min Público: Adulto Entrada: 7 € / 4 €
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar