18:00
A compañía valenciana La coja dansa, na Primavera enDanza

A compañía valenciana La coja dansa, na Primavera enDanza

Tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. Coa súa lectura produciranse numerosas preguntas sobre a situación das mulleres na historia. As nosas protagonistas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo. A recoñecida compañía valenciana La Coja Dansa rende homenaxe ás escritoras de ficción que coas súas obras literarias cuestionan o status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos. Unha obra para todos os públicos na que a danza conflúe co cómic, o videomapping e o cine.

Interpretación: Julia Zac, Inka Romaní e Paula Romero Iluminación: Diego Sánchez Autor: Tatiana Clavel e Raúl León Mendoza Dirección: Tatiana Clavel

Duración: 50 min Público: A partir de 5 anos Prezo da entrada: 7 € / 4 € Rede Galega de Teatros e Auditorios

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android