21:00
Primavera enDanza comeza co 'Vaivén' de Marcia Vázquez

Primavera enDanza comeza co "Vaivén" de Marcia Vázquez

Todas as almas son náufragas

Tras a tormenta, o océano cuspe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade, e a area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva as subir a marea? Un paseo polas lembranzas de todo o que rodea á mar en Galicia: a dureza do traballo, a paisaxe, o Prestige, a personalidade de vivir ao carón da costa. Movemento, videocreación e son que nos mergulla nas ondas e nos conecta co océano interior das emocións. A creadora e bailarina Marcia Vázquez iniciou o seu traballo dentro da danza urbana, decantándose logo pola danza contemporánea. Este é o seu primeiro espectáculo para sala e nel conflúe unha investigación sobre as ondas e as frecuencias, sobre a identidade individual e colectiva ou os ciclos emocionais.

Dirección e interpretación: Marcia Vázquez Deseño de iluminación: Violeta Martínez e Nacho Rivas Deseño sonoro: Acacia Ojea Videoproxección: Marta Valverde

Duración: 50 min Público: Adulto Prezo da entrada: 5 € / 3 € Rede Galega de Teatros e Auditorios

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android