O Mercadillo de Verán, organizado pola Concellaría de Promoción Económica coa colaboración do CCA, desenvolverase na rúa Jacinto Amigo Lera, que se converterá no gran centro comercial da vila durante toda a fin de semana, cunha ampla oferta que inclúe téxtil, calzado, complementos, agasallos, deportes, xoguetes, informática e moito máis! O comercio carballés sae á rúa cos produtos de calidade que o caracterizan e cos mellores prezos da temporada.
Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.
Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Chiquikids, D&A Complementos, DV Carballo, Jorge moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, necos, O barco dos soños, Refugallo Zero, http://regalosyregalitos.com/, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.O Mercadillo de Verán abrirá as súas portas o venres pola tarde.
Toma nota dos horarios:
Venres, de 17.00 a 21.00 horas
Sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas
Domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00 horas
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar