O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música. No norte hai música en todas as cousas. É unha música sólida, ancestral e serena.
Este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de finalizar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia do Tambourine, como se quixo tatuar con tinta indeleble o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explicite.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar