Despois dos recordos a Jimi Hendrix, Jim Morrison, Aretha Franklin e Janis Joplin nos carteis dos últimos anos, neste 2023 o Rockin quere render homenaxe a Carballo cun cartel que, do mesmo xeito que o skyline, recolle algúns dos símbolos arquitectónicos da capital do concello. Presentámosche a noticia imaxe do festival de música alternativa organizado pola Concellería de Mocidade ao redor das festas de San Juan.
Moi pronto comezarán coas confirmacións dos grupos, pero uno dos primeiros adiantos é que o festival pagará moito a pena, así que ide reservando a data do 1 de xullo para gozar da música da mañá á noite, e aproveitade a fin de semana de despedida do San Juan para gozar do Rockin o sábado e da Festa do Bosque o domingo. A concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, felicitou ao deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende, porque unha vez máis volveu acertar co cartel, convertendo a ponte da guitarra no skyline de Carballo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar