21:00
Os xoves de Capela: Oîma

Os xoves de Capela: Oîma

Oîma é un trío de músicas para baile de tradición galega e europea formado por Antía Ameixeiras (violín), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Presentan agora o seu primeiro disco, "Ala!", unha viaxe no tempo e no espazo, unha reivindicación da música instrumental.
Oîma é unha proposta musical concibida tanto para escoitar como para botarse a bailar. A través deses tres instrumentos achégannos música tradicional e tamén de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes ( chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Xuntáronse no 2015 e desde aquela pisaron unha chea de escenarios, tanto en formato concerto como en formato balfolk, pero non foi ata Decembro de 2019 que editaron o seu primeiro disco, "Ala!".
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android