19:30
Noites do Porto: Morgan

Noites do Porto: Morgan

Morgan volven aos escenarios despois de case 2 anos coa súa xira The River Tour, para presentar o seu terceiro traballo de estudo titulado ?the river and the stone?.

O novo álbum de estudo de Morgan é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020. The River and the Stone é o resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos.

Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia, ao estudo Lle Manoir de Léon, xunto a Campi Campón na produción. Está mesturado por Stuart White (Beyoncé, Autolux) en Los Ángeles e masterizado por Colin Leonard (SING Mastering) en Atlanta, GA.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android