19:30
Noites do Porto: Fernando Costa

Noites do Porto: Fernando Costa

O 2022 supón un ano prometedor, xa que 4 anos despois de Yipiyou, Fernando Costa presenta TIRITITANDO, o seu esperado segundo álbum. Traballo do que xa nos adiantou algúns temas como Nana ft Natos e Waor (tema que alcanzaba nunhas horas o#2 posto de tendencias en Youtube), Oe ft Dollar, Fumando Serio xunto a Delaossa. E Hasta Cuando; tema que entraba no top 3 de Youtube, e que en 3 semanas alcanzaba 1M de visualizacións en Youtube.

Tirititando promete ser un dos lanzamentos máis importantes de 2022 no noso país. Tirititando recolle a evolución no seu son, a bendición dos grandes da escena e a mesma actitude rueira de sempre. O traballo vía a luz o27 de maio, e coa estrea do mesmo Fernando Costa dá un golpe na mesa e volve aos básicos do xénero. Así se gañou o respecto da escena, demostrada a base de colaboracións como as xa presentadas pero tamén de Foyone ou Sceno, en 100 problemas, e Ayax e Prok, en Fuck Dá Popo. Neste álbum, Fernando Costa xógalla experimentando co seu son e probando con producións que se saen do habitual. Esta é a fórmula secreta detrás de ?TIRITITANDO?. Un total de dezaseis cortes, entre os que atopamos temas como Oe, onde Dollar brilla levándose a Fernando Costa ao seu propio universo; outros máis rueiros, críticos como Auxilio, flamencos como Mala ou cheos de puro sentimento como Yano ou Shorty.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android