20:00
Noites do Porto: Sen Senra

Noites do Porto: Sen Senra

A historia de Sen Senra a partir do decisivo momento que separa os seus traballos iniciais da publicación do exitoso Sensaciones, é un dos máis incribles exemplos de éxito nun contexto no que as circunstancias se situaban claramente á contra.

En 2019 publícase Sensaciones, o seu terceiro longo e o primeiro coeditado por Son Raparigo e Universal. As súas catorce cancións mostraban a un artista en estado de graza, que definitivamente florecera levando a outro nivel todo o que se intuía naqueles traballos previos. Temas como Ya no te hago falta ou Como el fuego convertían a Senra en representante dunha nova sensibilidade, unha sorte de icona romántica para as novas xeracións. O seu potencial como futura estrela do pop en castelán non pasou inadvertido para C.Tangana, que ademais de ser neste momento un dos nosos artistas máis internacionais, se por algo se caracterizou é polo seu bo ollo á hora de sinalar o talento que vén. A súa chamada telefónica para encerrarse nun estudo para compoñer xuntos é o embrión de Corazón cromado, mini LP publicado en 2021que se converteu na definitiva demostración do talento de Sen Senra como compositor e intérprete. En Corazón Cromado ademais de Que facilidad, ese tema xunto a C. Tangana, Senra abríase ao mercado latino coa colaboración do colombiano Feid en Wu wu. Feid é neste momento un dos grandes artistas globais que deu o pop recente en castelán, habitual dos Grammy Latinos, e o seu man a man con Sen Senra, ademais de deixar para a posteridade un tema memorable, converteuse en anticipo do desembarco inminente do músico galego en América. E se Feid é o representante do novo pop latino, Julieta Venegas véno sendo que chega desde o outro lado do Atlántico desde hai dúas décadas. Para Senra interpretar De ti xunto á artista mexicana, á que seguiu desde que era case un proxecto de artista, foi un soño convertido en realidade e a definitiva reafirmación do seu potencial. En De ti a guinda poñíaa a produción que asinaba Manuel Lara, coñecido en todo o mundo polo seu traballo xunto a Kali Uchis.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android