21:30
Zaz

Zaz

A cantante gala, con discos de platino en varios países europeos, actuará en Vigo o 19 de marzo. Zaz é unha das cantantes con máis tirón en Francia e en varios puntos de Europa. Non é tan coñecida en España pero que conta cun longo número de discos de platino no vello continente e con dous de diamante no país galo.

Zaz chegará da man da súa Organique Tour, que ten xa datas confirmadas en Italia, Alemaña, Brasil, Arxentina, Canadá, Lituania ou Turquía. Neste tour, volve ao esencial e humano da súa singular proposta, sempre próxima ao público.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android