17:00
O vixiante dos soños (Ubú teatro) |  CASA DA CULTURA DE MUIMENTA (COSPEITO)

O vixiante dos soños (Ubú teatro) | CASA DA CULTURA DE MUIMENTA (COSPEITO)

O vixiante dos soños (Ubú teatro)
30 DE OUTUBRO | 17:00h | CASA DA CULTURA DE MUIMENTA (COSPEITO)

Teatro con monicreque. Público familiar a partir de 3 anos

Sonólicus quere chegar á lúa desde pequeno. Busca no reflexo das pozas e
dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos
fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran
ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a
nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu
obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no
vixiante do sono e dos soños infantís.

Autoría: Ana Carreira.
Dirección: José Campanari.
Actrices e titiriteiras: Marga Portomeñe e Ana Carreira.
Duración: 45 min
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android