20:00
Cinco minutos sen respirar (Ítaca Teatro) | CASA DA CULTURA (SARRIA)

Cinco minutos sen respirar (Ítaca Teatro) | CASA DA CULTURA (SARRIA)

Cinco minutos sen respirar (Ítaca Teatro)
18 DE SETEMBRO | 20:00h | CASA DA CULTURA (SARRIA)

Teatro Contemporáneo

SINOPSE
Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo venezolano contemporáneo Gustavo Ott, que afonda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

"Cinco minutos sen respirar" retrata os desexos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (antiga) empregada de banco, e Víctor, un supervisor de supermercados.

A montaxe é unha proposta basada no traballo da interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e dualidades do mundo actual.

Cinco minutos sen respirar fala da vida, dos abusos bancarios, do amor, da explotación laboral, do suicidio, da familia, da violencia... e de tantas outras cousas que non se poden resumir en cinco minutos.

+INFO https://www.itacateatro.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android