20:30
Anacos (Ítaca Teatro) | CENTRO SOCIOCULTURAL (ALFOZ)

Anacos (Ítaca Teatro) | CENTRO SOCIOCULTURAL (ALFOZ)

Anacos (Ítaca Teatro)
05 DE NOVEMBRO | 20:00h | CENTRO SOCIOCULTURAL (ALFOZ)

Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá.
Público a partir dos 13 anos.

SINOPSE
As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, nos invade e nos convida a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromando imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

Autoría: Carlos Rebolo.
Asesoramento externo: José Campanari.
Contador de historias: Carlos Rebolo.
Duración: 50 min.

+INFO https://www.itacateatro.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android