N/D
«Truco ou Trato» Lugo 2022

«Truco ou Trato» Lugo 2022

«Truco ou Trato» Lugo 2022

Máis de 60 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza.

Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.

Na web www.lugomonumental.es estarán as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.

O Truco ou trato será o día 31 (luns) e os horarios serán os de cada establecemento.

¿Os nenos teñen que estar disfrazados?
Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.

¿É necesaria inscrición?

Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces por xentileza dos locais.

Pasarrúas:

O día 31 entre as 19:30 e as 20:30 horas haberá un pasarrúas do grupo Troula

Fuente: https://vivalugo.es/evento/truco-ou-trato-lugo-2022/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android