Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá.
A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais.
O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.
Pablo e Marta están enfermos. Enfermos de cansazo e aburrimento.
Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.
SOFÁ é unha peza para dúas intérpretes: Marta Alonso e Pablo Reboleiro, dirixida por Marcos PTT. Un sofá que está no chan ao inicio do espectáculo e vaise elevando a varios metros de altura. Traballando a través do contacto físico e emocional, gracias á singular percepción do movemento da Cía Sharon Fridman, SOFÁ é unha aposta pola linguaxe do tacto, a beleza do particular e a capacidade do baile para elevar o cotián ao sublime. Unha proposta de danza e humor a dúo da compañía Marta Alonso Tejada.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar