17:00
XIX TORNEO CIDADE DE LUGO SUB 2400

XIX TORNEO CIDADE DE LUGO SUB 2400

XIX Torneo Cidade de Lugo SUB 2400 Lugar de xogo Parque Infnatil de Tráfico, Parque de Frigsa, Lugo, 27002

Sistema e ritmo de xogo O torneo disputarase a 5 roldas a sistema suízo, para xogadores com. As partidas serán a un ritmo de 90 minutos + 30 segundos por xogada. O torneo será válido para elo stándar FIDE E FEDA.

Inscricións

A cota xeral de inscrición será de 20 € e para o segundo irmán 15€.

Se fará polo formulario en liña: https://forms.gle/4TVQesPDBjvqtH7w6 MAIS INFO: escolaluguesaxadrez@gmail.com. 657/ 974 937 Pago por conta: Escola Luguesa de Xadrez A inscrición pecharase o día 14 de xuño ás 22:00h.

Datas e horarios

Rolda 1 16 de xuño às 17 horas

Rolda 2 17 de xuño às 10 horas

Rolda 3 17 de xuño às 16 horas

Rolda 4 18 de xuño às 10 horas

Rolda 5 18 de xuño às 16 horas

Bases do torneo: 1. Poderán participar os xogadores que dispoñan de licenza FEDA en vigor en 2023. Os xogadores tiveron que ter menos de 2400 nas listas de xuño 2022 ao xuño 2023.

2. A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento, así como o dereito de admisión.

3. Os emparellamentos, así como a clasificación mediante sistema informático será inapelable e publicásense en Info64. O tempo de espera para unha partida é de 60 minutos.

4. Está prohibido moverse pola sala de xogo, nin falar con ninguén mentres se disputa a partida. Ao finalizar a partida o xogador pasa a ser espectador e debe abandonar o recinto de xogo.

5. UNHA incomparecencia NON xustificada, pode causar a súa eliminación do torneo. 6. Aquilo non especificado nestas bases rexerase polas leis da FIDE, FEDA para os torneos de xadrez estándar.

7. Prohibido traer o móbil á sala de xogo. A FIDE prohibe os dispositivos electrónicos en xeral na sala de xogo (móbiles, computadores, tablet, reloxos). Así pois, o móbil non se debe traer á sala de xogo. Se un día esquecéuselle debe deixarllo a algún amigo que non xogue ou falar co árbitro para buscar unha solución eventual á anomalía. Se ademais de incumprir a prohibición o dispositivo soa ou está aceso perderase a partida. Os ÁRBITROS NON PODEN GARDAR MÓBILES. 8. Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, imaxes, clasificacións, partidas, etc.) 9. A vestimenta e aseo persoal dos participantes será a adecuada para un torneo de xadrez, sendo potestade da organización a expulsión daquel participante que non atenda as instrucións que puidese recibir referente ao director do torneo. Desempates Os sistemas de desempate aplicados na clasificación final serán sorteados entre: • Número de partidas emparellado • Bucholz menos peor • Bucholz total. • Número de partidas gañadas.

Descansos – Bye Permítese solicitar 2 byes de ½ punto, excepto nas dúas últimas roldas. Solicitudes por correo electrónico ata o día 14 de xuño. Só será válido se lle responde afirmativamente. Na sala de xogo poñeranse pedir byes a partir da rolda 1.

Premios: Xeneral 1º Clasificado: Trofeo + 500 € 2º Clasificado: Trofeo + 400€ 3º Clasificado: Trofeo + 300€ 4º Clasificado: Trofeo + 200€ 5º Clasificado: Trofeo + 100€

Especiais Tramos elos

SUB 1400 1º. Clasificado 250 € Sub 1900 1º. Clasificado 250 €

Para percibir premios deberá estar presente na entrega de premios, salvo causa de forza maior debidamente anunciada previamente e a xustificación da que sexa aceptada pola organización. Non cumprir con este requisito perde o dereito a premio. Os premios NON se poden acumular e entregaranse por orde de maior contía.

Se un xogador opta a dous premios iguais asignaranse pola orde que constan na listaxe. Por orde de clasificación primeiro os premios especiais por tramo de Elo.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android