N/D
II Roteiro Científico

II Roteiro Científico

II Roteiro Científico

A asociación de persoal investigador do Campus Terra da USC AgroMar celebra este sábado 11 de novembro o segundo Roteiro Científico, unha actividade lúdica de carácter gratuíto para todo o público interesado, durante a que Susana Remesar, investigadora do grupo INVESAGA, e Esperanza Álvarez, catedrática e investigadora do grupo UXAFORES, achegarán aos participantes coñecementos científicos relacionados coa contorna.

O II Roteiro Científico descorrerá pola ruta da Fervenza, que parte desde as inmediacións
da capital luguesa cara ao Corgo. A cita é aberta, pero cómpre formalizar inscrición
previa na ligazón xa accesible en liña .

A saída está prevista ás 9.30 horas, fronte á entrada principal da Facultade de Veterinaria, desde onde partirá un autobús coas persoas inscritas, que, ao remate da xoranda matinal, poderán degustar uns petiscos.

Fuente: https://vivalugo.es/evento/ii-roteiro-cientifico/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android