00:00 hasta las 00:00
Basket na rúa 2024

Basket na rúa 2024

Basket na rúa 2024

Trátase dunha iniciativa de lecer saudable, enmarcada dentro programa de prevención de drogas +xti, que se levará a cabo en varios barrios da cidade ao longo dos tres próximos meses co baloncesto 3x3 como protagonista nas nosas rúas.

Deste xeito, a praza Anxo Fernández e a praza da Milagrosa, acollerán esta actividade lúdica todos os sábados de abril, maio e xuño. O obxectivo da iniciativa, que se canaliza a través da Fundación Breogán quen se encargase do seu desenvolvemento, é crear un espazo ao aire libre que fomente a convivencia a través do deporte e que permita a práctica e a formación deportiva no 3X3 nun ambiente de competitivididade sana.

Basket na rúa repartirá premios entre os participantes cada semana. Ademais realizaranse sorteos de material deportivo. A iniciativa está dirixida a nenos e adolescentes de entre 10  e 16 anos de idade, así como ás súas familias, co obxectivo de dinamizar a convivencia interxeracional. Ademais, non será necesario realizar inscrición previa, xa que esta pódese facer o propio día da actividade con 30 minutos de antelación na carpa habilitada pola Fundación. As przas están limitadas a un máximo de 40 participantes. Ademais do deporte en si, faranse outras actividades como psicomotricidade, xogos, gymkanas etc.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android