10:00 hasta las 00:00
Exposición de escultura e pintura Cardophenia Galega

Exposición de escultura e pintura Cardophenia Galega

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Cardophenia Galega, mostra de pintura e escultura a cargo dos artistas do grupo Galeoska Luísa Paz, Sergio Ribeiro, Castrolara, Loli España, J.R. Domato e Martina Bugallo, poderá visitarse no MIHL ata o vindeiro 7 de outubro.

Cardophenia refire ás emocións aos estados da mente, ás implicacións emocionais que unha obra de arte agocha. O termo " Quadrophenia" foi acuñado polo grupo de rock The Who, a través dun xogo fonético os artistas de Galeoska empregan esa expresión para dar título a esta mostra colectiva onde a pintura e a escultura se fusionan con visións diverxentes da realidade galega. Trátase dun percorrido polos iconos culturais, fauna e flora galega e os oficios tradicionais que perviven no sentir colectivo que nos identifica. Así como rememoranzas oníricas, evocación aos nosos antergos, e ao camiño universal e espiritual que simboliza o camiño de Santiago. Trátase dunha cadrofenia discordante como son os  estados mentais e as emocións tan diverxentes manifestadas en cada un de nós.

Galeoska é un grupo de artistas galegas de diferentes disciplinas que se agrupan entorno a unha mesma paixón que é a arte. Nace no 2018 da man de dous artistas Martina Bugallo e Sergio Ribeiro (Fundadores). En Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte) todas as artistas son valoradas e respectadas por igual, como un grupo de individualidades que se agrupan para un mesmo fin que é facer arte aportando novas creacións ao patrimonio e a cultura galega.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android