10:00 hasta las 20:00
100 lunas cuadradas

100 lunas cuadradas

O campus de Pontevedra acolle ata o 13 de maio a exposición itinerante 100 Lúas Cadradas; que presenta diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica. Para iso sérvese dunha serie de fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias. A mostra inclúese no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade: Ciencia de ida e volta.

Trátase dunha exposición con fins didácticos e divulgativos da que se fixeron unha ducia de copias para a súa itinerancia polos centros educativos de todo o país durante os próximos cursos. As dimensións de cada unha das fotografías expostas son dez veces por cada lado o tamaño aparente da Luna, que se utiliza como unidade de medida. Isto supón unha área de 100 lúas cadradas concretamente, por iso é polo que se lle deu tal nome á mostra.

100 Lúas cadradas, do Instituto de Astrofísica de Canarias, nace no marco do proxecto NIÉPCE; do negativo ao positivo, cando se cumprían 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. Con este proxecto, a Astronomía rende homenaxe á Fotografía por permitir multiplicar os datos obtidos cos telescopios.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android