19:30
Proxección do documental sobre saúde mental 'Agromantes', dirixido por Cora Peña

Proxección do documental sobre saúde mental "Agromantes", dirixido por Cora Peña

Proxección do documental sobre saúde mental:

“Agromantes”

Dirección: Cora Peña (directora de cine documental)

Interveñen: Patri Sorey (coprotagonista do documental) e Cora Peña

Día: mércores, 29 de novembro de 2023

Hora: 19:30

Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)

O Ateneo de Pontevedra organiza a proxección do documental sobre saúde mental Agromantes, de Cora Peña.

Tralo visionado, celebrarase un coloquio coa propia directora Cora Peña e con Patri Sorey, unha das protagonistas do documental.

O acto terá lugar o vindeiro mércores, 29 de novembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Sobre Agromantes

Un grupo de persoas reúnense para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nesas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun medio que poucas veces responde oportunamente. É un exercicio de relato en primeira persoa atravesado polo humor, a autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.

• Título orixinal: Agromantes • Ano: 2022 • Duración: 72 minutos • Idioma orixinal: Galego • Dirección: Cora Peña • Guión: Cora Peña • Reparto: Documental • Sonido: Jorge Colado • Música: Bernardo Martínez • Fotografía: Cora Peña, Adrián Van Halten, Pablo Dios

Trailer Agromantes: https://vimeo.com/717456039

Sobre a directora

Cora Peña. Formada como comunicadora audiovisual (UCM), estudou tamén cine en Cuba (EICTV), coa especialidade de Dirección de Fotografía.

A súa actividade profesional, dende as súas primeiras curtas como directora de fotografía, e tras percorrer diferentes roles en todo tipo de producións, foi derivando ao xénero que máis convén á súa natureza: o documental.

Filmografía. Longametraxes documentais:

• Agromantes, 2022 • Tesouro de Corcoesto, 2015 • Apash, los de fuera, 2011

COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android