19:30
Monólogo literario 'Apatxe', por Isaac Xubín

Monólogo literario "Apatxe", por Isaac Xubín

Monólogo literario:

“Apatxe”


Autor e relator: Isaac Xubín (licenciado en Filoloxía Galega, escritor, tradutor)

Día: mércores, 8 de maio de 2024

Hora: 19:30

Lugar: Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)



O Ateneo de Pontevedra organiza o monólogo literario Apatxe, representado polo filólogo, escritor e tradutor Isaac Xubín.

O acto terá lugar o vindeiro mércores, 8 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.


Sinopse

Apatxe é un relato cheo de decisións e casualidades que narra o percorrido vital do protagonista na procura dunha identidade marcada polas linguas, as viaxes e a literatura.


Datos biográficos

Isaac Xubín. Nado na Coruña no verán de 1978 e residente en Sheffield, Isaac Xubín é poeta, novelista e tradutor. É licenciado en Filoloxía Galega e máster en política e planificación lingüística. Como profesor e investigador escribiu un dicionario Galego-Éuscaro e ensinou Lingua e Cultura galegas na University College Cork.

A súa obra, en palabras da profesora Ana Acuña, está marcada pola extraterritorialidade, polas viaxes e os estudos que lle ofreceron novas
linguas e novos labores como tradutor, profesor e investigador. Xa que logo, a súa é unha escrita abocada á reflexión metapoética trala conciencia do retorno imposible e da disolución de fronteiras idiomáticas e culturais. Estes encontros con diferentes realidades lingüísticas e espaciais plásmanse, de forma poética ou narrativa e nunha obra plástica que, dende as ilustracións dos seus volumes, apunta a un novo pé do macrotexto que caracteriza a súa obra.




COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android