Campus de Pontevedra (Universidad de Vigo)
Campus Universitario da Xunqueira, s/n, 36002 Pontevedra, España - Pontevedra Ver web
Seminario Permanente de Filosofía
Conferencia:
“De saberes acríticos e saberes críticos”
Relator: Domingos Antom Garcia Fernandes (doutor en Filosofía)
Día: martes, 21 de novembro de 2023
Hora: 19:30
Lugar: sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)
O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia De saberes acríticos e saberes críticos, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 21 de novembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Sinopse
Domingos Antom Garcia detalla que “as culturas bárbaras, que se refirem às comunidades primitivas, produzem os seguintes tipos de conhecimentos fundamentais: mitos, magia, religiom e técnicas. Esse conhecimento vem a paliar a ausência da ciência e da filosofia.
Em certas sociedades urbanas, politicamente organizadas e dotadas duma escrita suficientemente evoluída, surge um novo tipo de conhecimento: as ciências que emergem dos conhecimentos técnicos anteriores.
E com a conhecida passagem do mito ao logos surgirám dous modelos de filosofia: o ocidental, ligado à ciência e crítico de religiom, e o oriental, vinculado com a religiom e a moralidade.
A rigor, apenas a filosofia ocidental é considerada filosofia crítica.
Mito, magia e religiom nom desaparecem completamente, mas som remodelados e transformados. No lugar dos mitos estám a se desenvolver as ideologias; em vez da magia as pseudociências; e no lugar da religiom, ou acrescentada a ela, a teologia. E, quando o desenvolvimento científico adquire a capacidade de intervir nas técnicas e as remodelar, as tecnologias serám implantadas.”
Sobre o relator
Domingos Antom Garcia Fernandes naceu en Hermunde-Pol, na Terra Chá, a 21 de xaneiro de 1948. Frecuentou dez anos de estudos eclesiásticos no Seminario Diocesano de Lugo. Mestre de Primeiro Ensino pola Escola Normal de Lugo, licenciado e doutor en Filosofía pola USC. Foi profesor de EGB e catedrático de Filosofía no Ensino Secundario. Membro fundador da Aula Castelao de Filosofía, da cal foi portavoz e coordinador e na actualidade membro honorario. Foi profesor de Antropoloxía Xeral, Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Económica na UNED de Pontevedra. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2011, na docencia da materia de Ética e deontoloxía da comunicación audiovisual. Foi profesor convidado na Universidade de Vigo, en 2018, na disciplina de Socioloxía: Sociedade, Cultura e Pensamento. Foi Presidente de Amig@s da Cultura de Pontevedra.
Foi profesor de Filosofía e de Ética no Graduado Universitario Senior da Universidade de Vigo.
Imparte un curso de Filosofía, de carácter anual, na Biblioteca Pública de Pontevedra.
É coautor dos libros Antom Losada. Teoría e Praxis (1984), Reflexons sobre a vida moral (1995), A Ética na que vives (1995). Coordinador de Para umha Galiza Independente. Ensaios, Testemunhos, Cronología e Documentaçom Histórica do Independentismo Galego (2000). Coparticipante en diversas colectáneas.
Participou como relator ou comunicador en numerosos congresos, seminarios e xornadas con temas como a filosofía marxista, os novos movementos sociais alternativos, o estatuto e as funcións da Filosofía, a problemática nacional en relación coa cuestión ecolóxica, etc.
Colaborou en distintos xornais e revistas e prologou diversos libros.
Foi colaborador asiduo da publicación trimestral Abrente e de Abrente Editora, alén de columnista de Primeira Linha en Rede, de Diário Liberdade e de https://kaosenlared.net/
COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Campus Universitario da Xunqueira, s/n, 36002 Pontevedra, España - Pontevedra Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar